| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

TORRENT

Page history last edited by Manuel Meixide 15 years, 2 months ago

Para baixar arquivos grandes, como son os filmes ou as imaxes de Distros de GNU/Linux,  coido que o mellor é un programa que funcione con "torrents", co protocolo bittorrent . Se funcionas con GNU/Linux, buscando torrent no Synaptic atoparás varias alternativas presentes na tua distro.  Se a tua contorna gráfica é KDE, unha boa alternativa é o KTorrent, se pola contra usas Gnome, podes escoller por exemplo Deluge.

 

Se ainda eres escravo do sistema operativo da microsoft e queres te arriscar nun mundo de virus, hai moitos que podes probar, e ver o que te vai mellor. Podes ver algúns deles na seguinte páxina:

 

http://www.software-p2p.com/descargar/clientes-de-bittorrent-c14/pagina1.html  (ten unha segunda páxina, o link está abaixo, no fondo da páxina).

Teño ouvido que o utorrent e dos mellores, e ten un pack de 49 idiomas:

 

http://www.software-p2p.com/descargar/utorrent-c13/  Mais tal como funcionan eses programas, non importa moito o idioma xa que o proceso é automatico.

 

Moitos destes programas teñen os seus propios motores de busca de torrents (nun menú desplegable podese cambiar de motor para procurar os torrents nos distintos trackers)

 

Outro xeito de facelo é procurar no google, por exemplo: "torrent nome do filme". Se se atopa, baixar ese torrent, que é un arquivo pequeniño que ten información de onde encontrar o filme. Logo facer clic nese torrent (ou doble clic, non me lembro ben), e entón se abre o programa automaticamente, e comenza a baixar o filme.

 

Se non se encontra o torrent no google, pódese procurar en moitas páxinas de procura de torrents. Para atopar ditas páxinas, procure "torrent search" no google.

 

Tamén se poden baixar discos de musica, e ata discografias completas, distribucións de GNU/Linux e moitas outras cousas. É o mellor sistema para compartir ou distribuir arquivos grandes, e debese escoller esta opción cando cohexista coa posibilidade de baixar de un servidor FTP, xa que usando este último, no caso de ser moitos, perxudicamos a quen está poñendo o arquivo a disposición pública, consumindo todo o sua banda de conexión.  Usando o protocolo bittorrent non acontece iso, xa que ocupamos un pouco da banda de moitos usuarios.

 

Unha información que aparece nas páxinas de procura de torrents e tamén no programa, é o número de seeds e de peers. Os seeds son os usuarios que teñen o filme completo, e os peers son os que están baixando, e ainda non teñen todo. Interesa baixar o torrent que teña máis seeds e peers, e que teña polo menos un seed (completo). E despois de acabar de baixar, debemos ficar algúns dias conectados, para facer de seed para os outros...devolvendo o favor. Esto é moi importante se hai poucos seeds, e resulta imprescindible se eres o único.

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.